Rematada a primeira manualidade do proxecto "A Prehistoria"!! Temos a nosa aula decorada cunha chea de arcos da vella cosidos que alegran as paredes cun toque moi primaveral.
NAS AULAS DE 4º
ESTE É O BLOG DAS NENAS E NENOS DE 4º DE EP DO CEIP VILAVERDE
viernes, 26 de abril de 2024
MANUALIDADES: CESTARÍA
jueves, 25 de abril de 2024
APADRIÑAMENTO LECTOR: DÍA DO LIBRO
O martes 23 de abril celebramos o Día do Libro. No cole organizamos unha semana de apadriñamento lector: os nosos nenos e nenas de 4º tiñan que ler un conto aos nenos e nenas de 5 anos. Elixieron o conto, practicaron moito na súas casas e por fin saimos ó patio por parellas para disfrutar dun pequeno momento de lectura e convivencia.
miércoles, 24 de abril de 2024
CONCERTO DIDÁCTICO NO CONSERVATORIO
Hoxe acudimos ao conservatorio de música Manuel Quiroga camiñando dende o noso centro. Alí cantamos e bailamos ao ritmo das moitas cancións que interpretou a orquestra. Ademáis, a través dun pequeno teatro de monicreques ensinaronnos os tipos de instrumentos e como soan.
martes, 23 de abril de 2024
XOGADE NA XUNQUEIRA
Estupenda mañá deportiva hoxe na Xunqueira. Dentro do programa Xogade tivemos un día de convivencia con varios coles de Pontevedra e unha morea de actividades chulísimas: rugby, xogos tradicionais (chapas, trompos...), RCP e maniobra de Heimlich, bailes de salón con Adrián Esperón...
Unha xornada moi completa organizada coma sempre polo profe Víctor.
lunes, 22 de abril de 2024
CHARLA SOBRE ABELLAS
Hoxe Manolo, o avó de Sara, ensinounos moitísimas cousas sobre as abellas. Fíxonos unha presentación moi completa e respondeu a todas as nosas preguntas. Tamén trouxo unha pequena colmea chea de abelliñas, un traxe de apicultor e distintos aparellos que se utilizan, etc. Para rematar probamos un pouquiño de mel e xalea real.
lunes, 15 de abril de 2024
TENIS DE MESA
Unha das actividades do XOGADE é o tenis de mesa polo que hoxe aprendemos un pouco máis sobre este deporte...
Primeiro escoitamos as explicacións e despois xogamos...
TALLER DE EDUCACIÓN VIAL CON "POLO CORREO DO VENTO"
Hoxe, luns 15 de abril, visitáronnos "Polo Correo do Vento" para falarnos dos temas transversais e, concretamente, da Educación Vial. A través de cancións e debuxos foron explicándonos como camiñar con seguridade pola rúa, como ser bos peóns e peoas respetando as sinais...